Monte de Ancos: lugar de lendas e tradicións



 Ler en Galego      Leer en Castellano

ANCOS, TERRITORIO ÁRTABRO

Para poñernos en situación, o monte de Ancos foi nomeado por numerosos historiadores como un dos xacementos mais importantes de toda a comarca pola súa situación estratéxica, dominando toda a ría a máis de 260 metros de altitude e formada por un total de tres cumios, sendo este o de maior altura.

Na actualidade case non quedan vestixios do que foi un poboado celta, xa que o antigo castro foi destruido prácticamete na súa totalidade por unhas obras sobre a pista de acceso, a cal delimita a lonxitude do milenario asentamento. De planta ovalada con dous recintos amurallados e un foso entre ambolos dous, o seu conxunto debía de ser dunhas dimensións bastante considerables, demostrando unha vez máis a importancia de estas terras.



Libunca, a famosa capital dos ártabros, asociase por moitos autores a estas terras, non habendo probas, pero si indicios da existencia de esta cidade. Temos que situarnos antes da expansión do imperio romano, cando múltiples tribus celtíberas poboaban estas terras, sendo o caso dos ártabros, asentados nas rías de Ferrol e A Coruña.  


CASADELOS E ANCOS: TERRA DE LENDAS E TRADICIÓNS

Non é cuestión do azar que a vila de Neda conte cun repertorio de lendas e tradicións infinitas; as terras máxicas de Ancos e Casadelos atestiguan historias de máis de mil anos de antiguedade.

LENDA DE AUREANA

Érase unha vez un home nas terras de Casadelos que tiña tres fillas: Laureana, Ana e Aureana. Tras morrer a nai, o home casou con outra muller, a que moitos tiñan por meiga. Por envexa das fillas do seu marido, un día convertíunas en tres queixos para logo comelos. Ao cortar o primero dos queixos cae un raio que partiu unha árbore nas portas da casa, saíndo das súas raíces tres cabalos. As fermosas Laureana, Ana e Aureana transformáronse para poder así fuxir da súa malvada madrastra. Pero unha delas estaba coxa, xa que a meiga déralle tempo a cortar parte dun queixo, quedando para sempre presa a aquel lugar. Co paso dos anos, este cabalo transformouse en fonte, a famosa fonte de Laureana.


No ano 2000 celebróuse a primeira Feira celta de Aureana no entorno do monte de Ancos co obxetivo de promulgar e manter as tradicións locais. 

A NOITE MEIGA DE SAN XOAN E A GALIÑA DE OURO

A noite máis máxica do ano, a máis longa, non podía deixar de estar presente en estas terras. Conta a lenda como nos albores do verán, pódese ver unha galiña de ouro cos seus poliños dar unha volta a fonte para logo volver esconderse nas augas da mesma ata o seguinte ano.


UN MONTE OCO CHEO DE AUGA

Outra lenda relacionada con este máxico lugar é a que conta como todo o monte é oco e está cheo de auga, correndo perigro constante a vila xa que calquer día pode estoupar e inundar todo o val.


SOL, AUGA E LUME: ELEMENTOS CLAVE PRESENTES NAS NOSAS TRADICIÓNS

De todas estas lendas podemos deducir varias cuestións. A primeira e máis importante é a presenza indiscutible de elementos clásicos do folclore rural galaico como son o lume, a auga e o astro rey.
Os nomes de Laureana e Aureana teñen  unha clara etimoloxía referente a o ouro/aureus e a asociación coa noite de San Xoán, onde o lume cobra especial importancia. Non podemos esquecer a importancia da auga, presente na lenda da fonte e de vital importancia para os nosos antepasados ártabros.


Outra cuestión curiosa é como a pesar da sustitución de tradicións pre cristiáns, as xentes sobre todo do rural seguen mantendo pequenos “ritos” ou costumes que ainda perduran, descoñecendo en moitos casos que estas teñen centos de anos de antiguedade, herdadas dos antigos moradores da famosa e misteriosa Libunca. 



Bibliografía

- Victor Alonso Troncoso (Ed): Ferrolterra Galaico - Romana
- www.turismo.gal
- www.neda.es 

Comentarios

Publicacións populares