A Fábrica de Xuvia



 Ler en Galego      Leer en Castellano


A coñecida por todos os nedenses e veciños de arredores como a Fábrica de Xubia ten unha dilatada traxectoria , contando ao longo da súa historia con proxectos de interese nacional. Nun principio Fábrica Nacional de Cobreria, logo Casa da Moeda e de Armas e finalmente Fábrica de Tecidos, este conxunto de edificacións e aparellos ao carón das augas do río Xuvia viron pasar diante de sí a varios dos empresarios e máis importantes dende o século XVIII ata os nosos días, presumindo de ser a última fábrica en Galicia de fabricación textil.



A Fábrica Nacional de Cobrería de Xuvia:  os inicios dun proxecto estatal

Temos que remontarnos ao ano 1790 para ver o nacemento da Fábrica Nacional de Cobrería de Xuvia. Como moitas das industrias de toda a ría de Ferrol, a fábrica de Xuvia tamén obedeceu ás necesidades da Mariña. Falamos dos primeiros anos do Arsenal Real de Ferrol, diseñado polo coñecido como “sabio español” Jorge Juan, artífice de todo o conxunto militar da cidade departamental. 

A crecente necesidade de materiais para a fabricación de barcos impulsou a creación dunha Fábrica de Cobrería, imprescindible para forrar as embarcacións da época. Son os anos das coñecidas como “Fábricas Reais”, sendo o seu principal cometido proporcionar materia prima as distintas industrias nacionais e reducir así as importacións de materiais clave. 


Plano da Fábrica de Cobre

¿Por qué en Xuvia?


Ben pensado, o Arsenal Militar e os principais estaleiros da ría atopábanse na cidade de Ferrol, ainda en vías de crecemento pero cunha marcada importancia estatal. Se ben é certo que na Vila de Neda existiron moitos estaleiros de ribeira, ainda así poderíamos plantexar unha pregunta: ¿por qué elixiron Xuvia para crear unha das súas Fábricas Reais?



Os motivos foron claramente estratéxicos e de carácter xeográfico. Era necesario localizarse preto dunha fonte de auga continua e con certo caudal que permitira o establecemento de muiños hidráulicos así como estar preto das principais vías de comunicación fluviais e terrestres. Xuvia cumplía con todos estos requisitos, atopándose na beira da principal ruta de comunicación da comarca e da súa ponte. Na época era moito máis habitual o transporte fluvial xa que as vías terrestres estaban ainda na súa maior parte en vías de desarrollo, non rematándose a construcción da principal carretera que abarca toda a contorna da ría ata finais do século XIX. Dada a perfecta localización dos terreos da futura fábrica, as barcazas poderían chegar ata a mesma porta, facilitando o transporte de material. 
Acceso á Fábrica pola estrada principal ao carón da ponte de Xubia

Instalacións de primeira categoría: a Presa do Rei


Aproveitar o cauce e abundante caudal do río era a principal prioridade. Así pois, o propio rei  ordea construir unha presa ao carón dos terreos onde se está a establecer a fábrica para aproveitar ao máximo a enerxía hidráulica e poder mover así as pesadas máquinas que estaban a instalarse na fábrica: a Presa do Rei, sendo nomeada en honor ao monarca.



Tal era a potencia e caudal que chegaba a acadar os 300 cabalos de potencia, conseguidos gracias a un canal que partia dende a presa ata a coñecida como a “Casa das Comportas”, dando ou cortando o paso da auga para que esta continuase por outro canle de conducción. Este remataba nun depósito, dende o cal partían varios canalizos máis pequenos que daban servizo a tódalas rodas hidráulicas que movían xigantes cadeas para xerar enerxia.

A calidade dos materiais e o coidado co que se construiu todo o conxunto fixeron que a fábrica fose un dos establecementos máis importantes do país, tal e como se desprende no Boletín General de Ventas de Bienes Nacionales do ano 1870 ( http://www.segoviamint.org/espanol/articulos/subastas/jubia_3_subasta.html)

Real Fábrica de Moeda e de Armas

Tan só uns dez anos trala súa inauguración, en 1811 a fábrica de cobrería converterase nunha CECA ou Fábrica de Moeda. A Guerra da Independencia deixara a Casa da Moeda de Segovia en mans francesas polo que os afins ao rey Fernando VII tiveron que buscar outra localización para acuñar as súas moedas. En 1815, esta voltaría a estar en mans do monarca español, perdendo importancia a CECA de Xuvia, deixando definitivamente esta actividade na década dos cincuenta do século XIX.


Principalmente, a moeda de curso legal por aqueles anos foron os maravedíes, fabricados en cobre. A primeira moeda fabricada en Xuvia sería a correspondente a oito maravedíes no ano 1811. Máis adiante elaboraríanse tamén no reinado de Isabel II maravedíes, reais e escudos. Simultáneamente tamén se fabricaron de carácter esporádico fusís e outras armas.


Serían anos convulsos onde as malas relación co Arsenal de Ferrol por conflitos de intereses puxeron en varias ocasións en perigo a viabilidade de este proxecto, pechando definitivamente no ano 1868.
Moedas acuñadas na Fábrica de Xubia

Fábrica Textil de Xuvia

Tras dous anos e varias subastas públicas, o empresario D.Francisco de Barcón y Quevedo adquire a fábrica e os terreos adxuntos á mesma.
Ferrolán de nacemento, emigrou a Cuba aos 17 anos, traballando en varias empresas, onde coñecería a súa primeira muller, filla do propietario dunha destas empresas. A súa estancia na illa non pasou desapercibida, chegando a formar un escuadrón de batalla para deter a un recen creado movemento independentista, recibindo pola súa labor patriótica varias condecoracións e títulos por parte do goberno español.

Case tres décadas máis tarde, Don Francisco retorna a Ferrol, casado xa en segundas nupcias tras quedar viuvo e con varios fillos ao seu cargo. Esta aínda non sería a definitiva, casándose por terceira vez cunha sobriña uns anos antes de adquirir a Fábrica. Ademáis de promover a que se convertiría na pioneira fábrica textil foi o impulsor do tranvía entre a cidade departamental e Neda, fundou o xornal Diario Ferrolano e chegou a dirixir anos máis tarde “El Correo Gallego”. Da man dos seus fillos tamén apoiou varias iniciativas empresariais na comarca, como o astillero de Xuvia, xusto enfrente da Fábrica. Unha das súas principales obras foi a construcción da próxima igrexa de Santa Rita, erixida en honor a súa filla Rita trala súa morte con escasos vinte anos.

Familia Barcón no pazo da Fábrica


A fábrica textil converteuse nunha das máis importantes do país, empregando a moitos traballadores da contorna, especialmente mulleres, as cales se levantaron no ano 1918 para protestar contra os baixos salarios e as precarias situacións as que estaban sometidas as traballadoras de toda a comarca. Xunto a elas, as panadeiras e moitas outras mulleres de Ferrolterra lideraron unha das principais folgas da época, sendo erixido fai unhas semanas un monumento nas proximidades da fábrica (concretamente no próximo paseo marítimo) para rememorar a todas as represaliadas e as que loitaron sen descanso polos seus dereitos.

Fonte: http://ollaparo.gal/2017/12/19/revolta-das-pedradas-marzo-1918/

 O que se agocha tralos muros da Fábrica

Ademáis do conxunto fabril, construíronse oficinas, talleres, unha mansión, xardíns, un embarcadeiro e ata unha capela.

Esta foi construida nos primeiros albores da fábrica como consecuencia dunha promesa feita por D.Manuel Fernández Flórez y Arias, un dos primeiros propietarios. Está adicada a San Juan Gualberto, rememorando o fatídico 12 de xullo de 1795, cando D.Manuel sobrevive a unha contenda no estreito de Xibraltar e trala cal é ascendido a Alférez de Fragata polo rei Carlos IV.
Cando Barcón adquire a fábrica atopa que a capela atópase en moi mal estado, decidindo trasladar a imaxen de San Juan Gualberto a igrexa de Santa María de Neda. Anos máis tarde se reforma a antiga capela e a imaxe volve ao seu lugar primixenio, servindo como patrono da fábrica de tecidos ata que a familia Barcón abandoa a Fábrica.

Conxunto residencial

O espectacular pazo onde residiu a familia durante varias décadas foi destruido, quedando tan só para a memoria varias fotografías. Sí se manteñen sen embargo varias residencias de estilo modernista onde vivían os traballadores da época, así como antigas ferramentas e a vella central eléctrica que daba vida a fábrica. Todo rodeado de uns espectaculares xardíns ao carón do río, paisaxe idílico e inesquecible para moitos.

 Sobre todos estos elementos sobresalía a torre de pedra da entrada, coroada por un espectacular reloxo diseñado no ano 1813 por Andrés Antelo, o cal sería tamén director da fábrica. Son varios os mecanismos construidos por este representante da Maestranza da Armada repartidos por toda Galicia. Algúns dos máis importantes son o da Igrexa de San Julián e o que conecta a campana da torre Berenguela da catedral de Santiago. 

Torre e reloxo da entrada ao recinto

Situación actual

De forma interrumpida mantense a actividade textil da Fábrica dende o ano 1873. Na actualidade, Galicia Textil S.A. pertence a un extenso grupo textil encabezado por Textil Santanderina dende o ano 1982. Céntrase na fabricación de tecidos, especialmente de algodón, poliéster, lino e lycra. 



Bibliografía
- www.asociacionbuxa.com
- www.lavozdegalicia.es
- www.diariodeferrol.com
- www.galiciatextil.com
- Tesis doutoral: "Os reais establecementos de Xuvia: Recompilación documental, estudo histórico e estudo e catalogación das moedas de Xuvia do Museo Arqueolóxico e Histórica de A Coruña" realizado por Ana Isabel Bello Platas

Comentarios

Publicacións populares