Neda: Orixe de un nome
Ler en galego Leer en castellano
NEDA: ORIXE DE UN NOME
Se
facemos unha búsqueda rápida en Internet, ademáis da información propia da
vila, devólvenos varios resultados moi interesantes.

NOME PROPIO
Entre
eles, podemos apreciar como Neda é un nome bastante común en algúns países de
Oriente Medio, principalmente de fala persa ou farsi (Irán, Afganistán…). De
xénero feminino, tamén apreciamos como a derivación Nida é moi usual en países
da antiga Mesopotamia.
LUGAR
Hoxe
en día, Neda (Νέδα) é un río pouco coñecido pero impresionante pola súas
cascadas situado na península do Peloponéso. Éste nace no monte Cerausio, seguindo
o seu curso por varias montañas e cidades ata desembocar no golfo de
Kyparissia (antigamente golfo de Arcadia) no mar Xónico. Curiosamente, trátase
do único río de toda Grecia con nome feminino.
![]() |
| http://www.secret-greece.com/neda-greek-river-canyoning/ |
NEDA E GRECIA
Ao
igual que a nosa maravillosa fervenza do Belelle, o río Neda tamén ten as súas
cascadas de augas cristalinas e cor turquesa. En plena montaña e cun acceso do
máis compricado, é preciso camiñar durante varias horas a pé para poder chegar
a este remanso de paz e tranquilidade grego.
Como
a maioria de lugares en Grecia, os nomes orixínanse tras unha longa tradición
histórica e neste caso non podía ser doutra forma. Na mitoloxía grega, Neda e
Itome foron as dúas ninfas encargadas de coidar, alimentar e educar ao deus
Zeus durante a súa infancia. Formaban parte das coñecidas Náiades, ninfas que
habitaban en cursos de auga como manantiais, regatos, ríos…
¿É
posible que cando os gregos desembarcaron nestas terras decidirán poñerlle
nomes aos seus novos asentamentos que lles recordara a súa patria? Moi
probablemente este sexa o orixe do nome da nosa benquerida vila.
Fenicios,
gregos, romanos… foron moitos os poboadores de estas terras, deixando todos e
cada un deles a súa marca nas nosas costumes e sobre todo, nos nomes e a nosa identidade.
Localización río Neda en Grecia
BIBLIOGRAFÍA
Pierre Lévêque (2007), Tras los pasos de los dioses griegos: Akal, Madrid.
Antonio Yañez (2008), Historia de Neda: Concello de Neda
filellinesgalicia.blogspot.com.es
http://www.visitgreece.gr/en/nature/waterfalls/nedas_waterfalls



Comentarios
Publicar un comentario