Fragata Vila de Neda: os escravos galegos en Cuba
Ler en galego Leer en castellano
A fragata Vila de Neda foi o primeiro de varios buques que
transportarían a centos de galegos a Cuba para traballar nos seus campos de
tabaco e azucre trala abolición da escravitude.
Situación
Debémonos remontar ao ano 1854 para visualizar cómo se vivía
en aquela Galicia e entender así o que motivaría o comezo da emigración masiva a
Latinoamérica, concretamente á illa de Cuba. Coñecido como o “ano da fame”, a
situación dos campos galegos e os seus habitantes era crítica e xunto á gran
epidemia de cólera deste mesmo ano sería a principal causa para que moitas
familias viranse abocadas a emigrar en busca dunha vida mellor.
![]() |
| arqueomalacologia.blogspot.com |
Urbajo Feijoo de Sotomayor
Este fidalgo, político e militar orixinario de Ourense e
residente en Cuba foi o artífice da Compañía Patriótica Mercantil, sendo o seu
principal obxetivo o trasladar man de obra dende Galicia a illa para paliar o
cada vez máis escaso e caro mercado de traballadores, sendo abolida neses anos
a escravitude nas colonias. Vista a situación da súa Galicia natal, decidiu
aproveitar a precaria situación dos seus compatriotas para suplantar aos
escravos negros da illa.
![]() |
| Urbano Feijoo de Sotomayor y Memoria publicada por el mismo sobre la inmigración |
Primeira expedición: 314 galegos a bordo da fragata Villa de Neda
Sería un 10 de marzo de 1884 cando a primeira tanda de
galegos desembarcarían na bahía da Habana. O nome da fragata que os
transportaría non foi outro que o da Vila de Neda, xa que por aqueles anos esta
localidade era famosa en todo o país pola calidade dos seus carpinteiros de
ribeira e das velas das súas fábricas de tecidos. A construcción desta fragata
realizouse no arsenal “Vila”, propiedade de Abella, Graña e Cía, os cales construirían
tamén o buque “Abella”, encargado de transportar aos últimos colonos a illa a
finais de ese mesmo ano e que casualmente tamén tiveron en propiedade a fábrica
téxtil do Roxal (Pazo de Isabel II). En total foron casi 2.000 os galegos que
colleron as súas escasa pertenzas en busca dunha vida mellor en ultramar.
O fin de un sono
O que nun principio semellaba a oportunidade perfecta para
paliar a súa situación de pobreza, transformouse nun verdadeiro inferno. A
situación dos galegos na illa era totalmente precaria, amontoados en barracóns
de escravos e en condicións de pobreza absoluta.
Tras a primeira expedición, moitos máis foron obrigados pola
situación a asinar uns cuestionables contratos para traballar nos campos
cubanos de azucre e café por períodos de cinco anos. Unha vez alí, Urbano
vendía ditos contratos aos hacendados ou empresarios locais que pasaban a
facerse cargo de estas persoas, unha forma de enmascarar así a recén abolida
escravitude e trata de persoas. “Escravos de ollos azuis”, así coñecían aos
miles de galegos os cubanos da illa.
![]() |
| www.xenealoxia.org |
Fracaso empresarial
Como era previsible, a iniciativa rápidamente se foi a
pique. Ante a situación de escravitude que estaban a vivir os galegos na illa e
mediante a intercesión das súas familias, estas presentaron numerosos escritos
as Cortes Españolas denunciando o que estaba a acontecer.
Pero para moitos esta decisión chegaba tarde, xa que cando a
operación foi cancelada baixo o mandato das Cortes, algúns de estes emigrantes
xa habían falecido ante a precaria situación na que se atopaban ou fuxiran
desaparecendo para sempre.
¿Queres saber mais sobre os galegos escravos en Cuba?
Una casa en amargura
Recentemente, a escritora Elisa Vázquez de Grey, publicou
este libro, onde narra has vivenzas dunha xoven na Cuba de finais do XIX a cal
emprende a búsqueda das dúas fillas roubadas da súa antiga escrava, ante o
falecemento da mesma.
Nela nárranse algunas das vivenzas de estos galegos na
illa e grazas a uns persoaxes entrañables permítenos transportarnos a Cuba
colonial.
Crónicas: emigración gallega (RTVE)
En pouco
mais de cuarenta minutos, este documental producido e emitido pola RTVE trata
de poñer voz aos case dous mil galegos que protagonizaron a iniciativa de
Urbano Feijoo de Sotomayor en Cuba
Primera expedición: Villa de Neda, Habana (6-03-1854)
A web https://www.xenealoxia.org da nome aos galegos escravos en Cuba. Grazas a unha extensa documentación, aporta tanto o listado dos galegos que viaxaron na fragata Villa de Neda como o destino dos mesmos.










Comentarios
Publicar un comentario