5+1 Motivos para visitar Neda



 Ler en Galego       Leer en Castellano

A real Vila de Neda agocha os seus segredos ao fondo da ría, resgardada polos montes da Louseira, Ancos e Marraxón. Os seus case 6.000 habitantes poden presumir de vivir nunha vila con máis de mil anos de historia, presente en acontecementos de vital importancia como a Reconquista, as revoltas dos Irmandiños…  Pero se ainda non estás convencido para visitar a nosa vila, segue atento que vouche deixar aquí 5 motivos máis un para ver se cambias de parecer.


1. Fervenza do Belelle: un anaco do ceo na terra

Este é un dos principais atractivos da vila, sendo descoñecida por moitos, incluso da mesma comarca. Os nedenses somos moito de gardar o noso para nós pero, xa que estamos a falar dos motivos para visitarnos, non podíamos agochar esta xoia por moito máis tempo.


Trátase dunha fervenza de uns 45 metros de altura, deixando abraiados a todos os que a visitan, xa sexa por primeira ou por doceava vez. A tranquilidade, o aire puro e o engaiolante son da auga enfeitizan a todos os que a descobren. Poñer a remoxo os pes nalgunha das súas pozas (para os mais atrevidos recomendo un baño baixo a súa cascada) será como unha “experiencia religiosa” 

2.   Paseo polo casco antigo e a Rúa Real: de igrexa a igrexa e tiro porque me toca


Unha das pequenas rutas que non podemos deixar de facer en Neda é a que transcurre pola rúa Real. Tomaremos como punto de partida a igrexa de Santa María, xoia barroca representativa do rural galego do século XVIII. No seu interior poderemos apreciar o coñecido como Cristo da Cadea, do ano 1550 e trasladado dende Inglaterra.


Cruzando por unha pequena ponte de madeira sobre o río e pasando ao carón dun antigo muiño, internaremos primeiro no Paraíso e de seguido na rúa Real, antigo centro neurálxico da vila. Ao longo dela poderemos maravillarnos coas magníficas casas tradicionais, a característica Torre do Reloxo do século XVIII e os soportáis cheos de frores e sobre todo, de moita vida. Seguindo en todo momento os restos da antiga empedrada rúa chegaremos a unha das casas máis antiguas en pé da vila, amosando na porta o seu ano de construcción: 1786. Seguindo sempre de fronte chegaremos finalmente á Igrexa de San Nicolás.
Fonte: www.seidunsitio.com

3.   Cruceiro de San Nicolás, o máis antigo de Galicia!

Si, estas a ler ben, en Neda temos unos dos cruceiros máis antigos de toda Galicia. Nin máis nin menos que do século XIV, construido en granito e o cal atestiguo ao longo dos anos o paso de centos de miles de peregrins rumbo a Santiago e San Andrés de Teixido. Orixinariamente atopábase no Paraíso (en efecto, en Neda temos un trozo do paraíso, acaso o dudábades?), lugar por onde transcurre o Camiño Inglés, sendo trasladado ao seu lugar de reposo actual no atrio da igrexa na década dos setenta.



Outra das súas peculiares características é que a figura de Cristo repítese en ambalas dúas caras, sendo isto moi poco frecuente neste tipo de monumentos. O reducido tamaño da columna non é debido a que en Neda sexamos máis retacos do normal, senon que esta é máis corta do normal xa que foi derribada nos anos 30 e sustituíuse por unha columna dos soportáis da Calle Real. Somos moito de aproveitar o que temos na casa.

Xa que estamos aquí non podemos deixar de entrar na igrexa gótica de San Nicolás, templo tamén do século XIV pero o cal créese que se construiu sobre outro moito máis antigo. Na capela da dereita poderemos apreciar o sepulcro de Don Diego de Esquío e o seu escudo de armas, composto de dúas ardillas ascendendo por unha árbore.


4.  Ancos, dende Neda cara o mundo

Quizais o mundo enteiro non, pero a ría de Ferrol e os municipios que se esparcen polas súas marxes sí que poderemos visualizar. As vistas dende o alto do monte de Ancos non deixan indiferente a ninguén, non pasando inadvertidas tampouco polos primeiros habitantes castrexos da vila, os cales decidiron erixir no alto unha construcción fortificada coñecida por todos nos como “castro”. 


Esta citania foi unha das máis importantes de toda a comarca pola súa posición estratéxica dominando todo o fondo da ría. Hoxe en día resulta moi compricado visualizar dito asentamento xa que foi destruido ao longo dos anos pero ben podemos imaxinar o que sentiron os nosos antepasados ao asentarse neste máxico lugar. 

5.  O pan e os seus muiños

Sen dúbida un dos puntos fortes da vila é a calidade do pan, avalada pola sua Marca de Calidade e loitando dende fai anos por alzarse co ben merecido título de Denominación de Orixe. Tan só hai que probalo para percatarse do que estamos a falar… sen esquecernos das bicas, bolas, empanadas e doces varios. Ademáis de na Feira do Pan celebrada cada setembro, podes achegarte a calquera dos moitos obradoiros ubicados na vila ou visitar algunha das tabernas e bares para degustalo, acompañado de un bó viño do país e por suposto unha tapiña.


Con motivo da tradición histórica que une a este alimento milenario coas terras dos Esquío, ponse en valor dende fai uns anos a Ruta dos Muiños , percorrendo o curso do Belelle en busca dos distintos muiños espallados ao longo do mesmo como se se tratase dunha búsqueda do tesouro.



+ 1 

Os nedenses

Non podía faltar nesta lista de motivos para vir a Neda un dos elementos primordiais da vila… Os seus veciños! Acostumados ao paso de milleiros de peregrins que pasan cada mes polas nosas terras, non dubides en preguntar, parolar é unha das máximas aficións dos nedenses.




Comentarios

Publicacións populares