¿Coñeces os segredos do Pazo de Isabel II? Parte II
Ler en galego Leer en castellano
Vai o seguinte enlace para ler a primeira parte da historia: Parte I
Unha vez Tomás abandoara o barco, Tomás decide fundar unha nova sociedade, xuntando capital gracias a varios inversores madrileños. Aproveita a situación para modernizar a maquinaria da fábrica, importando novos modelos dende Inglaterra e mellorando así considerablemente a productividade. En escasos meses dende a súa fundación, “Pablo Collado y Cía” faise un oco no competitivo mundo téxtil a nivel internacional, gracias a calidade dos velames feitos para a Armada Española, chegando incluso a participar na Exposición Universal de Londres no ano 1851, ¡todo un logro para a época! Máis de un centenar de persoas chegaron a abarrotar as dependencias do pazo, onde se construíron novos talleres de tintado, secado….
En pleno auxe do proteccionismo (teoría económica e política
que defende a producción nacional frente as importacións mediante o
establecemento de taxas e medidas restritivas), o xeneral Espartero establece
importantes restriccións á importación de bens textiles.
O objectivo era favorecer a importación de productos textiles xa fabricados, incrementando os impostos do fío e das telas. ¿Por qué?. Comézanse a crear grandes fábricas por toda Europa con grandes máquinas que favorecían a producción en masa e a un coste máis reducido.
![]() | |
|
O objectivo era favorecer a importación de productos textiles xa fabricados, incrementando os impostos do fío e das telas. ¿Por qué?. Comézanse a crear grandes fábricas por toda Europa con grandes máquinas que favorecían a producción en masa e a un coste máis reducido.
A pesar do incremento da construcción naval en Ferrol, a
Armada decide prescindir da fábrica de Neda para trasladar a fabricación dos
velames a Cartaxena.
Volven os tempos escuros, descende considerablemente a
demanda de productos artesanais e en 1851 páranse as máquinas do Belelle. Un
ano máis tarde, “Braña, Abella y Cía” (naviera ferrolá que tiña en propiedade
un pequeño estaleiro na vila de A Graña) compra a fábrica, ampliando os
terrenos dispoñibles. A plantilla chega alcanzar as duascentas persoas pero
esta situación non durará moito. A crisis da agricultura tradicional e a
revolución liberal chegará tamén a Neda. Tras pasar por varias mans, en 1888 os
nosos irmáns favoritos volven ao Roxal para intentalo de novo, pero finalmente
será en balde…
Dende ese momento e ata o ano 2003 foron varias as persoas que se
fixeron coa propiedade da finca, non volvéndose a retomar en ningún caso a
actividade textil. Xa no século XXI, un empresario lugués adquire o pazo por
uns 90.000€ e posteriormente dónao as súas fillas, sendo estas as actuáis propietarias.
![]() | |
|
O estado actual é bastante deplorable pero aínda se poden
intuir atisbos de toda a grandeza que este albergou. Pódense intuir os restos
de varias edificacións (talleres, cuadras, hórreos, salóns, cociñas…) así como
o edificio principal, os impresionantes xardíns (os cales albergan una magnolia
de 350 anos e varios avellanos de máis de 200 anos) e varios elementos de cantería
(fontes, columnatas…). Ainda se pode apreciar o dique por onde se redirixia o
cauce do río e varios telares antigos, así como unha fonte de ferro
representando un neno sobre unha gran vieira e un monstruo mariño.
![]() | |
|
Para todos aqueles que, coma mín, desexarían adentrarse no
pazo e investigar un pouco máis, é importante resaltar que trátase dunha
propiedade privada, sendo necesaria unha autorización para entrar nela.
Bibliografía









Comentarios
Publicar un comentario