5 razóns para NON vivir en Neda
Ler en Galego Leer en Castellano
1. Afogarás entre tanta auga
2. O eterno dilema de "mar ou montaña" convertirase en todo un calvario
¿Es dos que prefiren a montaña? ¿Ou semella que es dos que prefieren despertar co airiño do Atlántico? Se vives aquí terás un gran dilema... En Neda tes estas e moitas outras posibilidades. Poderás deixarte abrigar polo monte Marraxón ou o da Louseira, arrouparte coa tranquilidade dos seus ríos Belelle, Xubia e Castro ou descender ata a parroquia de San Nicolás e mollarte nas suas desembocaduras na ría de Ferrol.
3. Din que o pan engorda...
Si, moitos son os que din que o pan engorda, pero no canto tamén din que é un elemento básico da nosa pirámide alimenticia e, ¿quen son eu para discutilo? Non importa se es dos que prefiren o trigo, o centeno ou o millo, en Neda poderás comer un tipo distinto cada día, ou bueno, en realidade cada dous ou tres xa que este manxar dos deuses conservase nunhas condicións asombrosas durante varios días ¡ademais de estar boísimo podemos aforrar! A parte negativa é que non poderás deixar de comelo... A moderación non se atopará entre as tuas virtudes se te mudas a terra dos Esquío. Esto xa o debía de saber o rei Felipe II no século XVI xa que mandou construir varios fornos na villa para poder alimentar así a tódalas tropas da Armada Española ante a ofensiva dos ingleses para conquistar a ría de Ferrol.
4. ¡Que ninguén me saque de aquí!
Atoparáste a escasos 8 kilómetros de Ferrol e a pouco máis de 40 da urbe herculina tendo así tódolos servizos e oferta de ocio que precises, ademais da tranquilidade impagable de poder durmir coas fiestras abertas en pleno verán. Aínda que si cho propós non precisarás abandoar a nosa benquerida vila, aquí terás varios colexios a túa disposición, farmacias, gasolineiras, tendas de ultramarinos de toda a vida con productos delicatessen que farían babear ao mismisimo Ferrán Adriá, bares, moitos bares, mesóns... ¡Esquence os agobios ao volante e adopta unha bicicleta, non respirarás aire máis puro ca este! eso sí, que sexa con unhas boas rodas e unhas cantas marchas, invítovos a que subades ao monte de Ancos nela, xa me contaredes qué tal.
5. Os teus amigos repudiaránte por pertencer a realeza.
Estás lendo ben, os nedenses somos da realeza, ¡por algo pertencemos a Real Vila de Neda! Cando no século XIV a nosa veciña cidade de Ferrol non era máis que un pequerrecho pobo mariñeiro, o rey Alfonso XI xa lle concedera ao territorio bañado polo Belelle os foros que favoreceron o seu crecemento e transformación nunha das vilas máis ricas de toda a comarca. ¿Sabías que foi un barco construido aquí mesmo o que permitiu a reconquista de Alxeciras no ano 1344?








Comentarios
Publicar un comentario